Blogia

Blog da Atalaia

A acumulación de problemas laborais, de saúde e familiares (conxunción planetaria, como diría Dna. Leire Pajin)  tivo silente este blog.

Iso non quere dicir, nin moito menos, que non houbo motivo para escribir e expresar as miñas reflexións.

Motivo hai e moito.

Empezarei pola educación e mais concretamente pola Formación Profesional.

"A educación superior gratuíta é socialmente inxusta" dixo o Catedrático de Socioloxía Don Mariano Fernández Enguita. 

Iso é insustentable nun discurso lóxico dunha mente ben ponderada. O inxusto será en todo caso facer inaccesible economicamente o ensino superior a amplas capas da sociedade.

Esta crise esta cambiando  a nosa sociedade moito mais que o que parece. Nós chegamos até aqui por varias causas. Un din que son economicas, outros que os politicos son uns ineptos, e os menos que é unha crisi de valores ( esforzo, honradez, fidelidade, etc...) . Os valores e a educacion vai mais da man que o que aparentan.

O problema é noso, a picaresca, o vangloriarse de conseguir cousas sen esforzo.

A educación empeza en casa. Cando se teñen fillos uno debe ser consciente que inviste parte da súa liberdade en criar, educar a unha persoa. e é aí onde a maioría da nosa sociedade fallou. Se non tes a alguén que che axude, que che dirixa, asesore e protéxache é difícil que saias adiante.

Deixando á beira isto, o que non esta ocorrendo agora mesmo é horrible, e non falo de ter que pagar 360 euros por unha matricula, se non o ter 40 alumnos por aula. A educación debería enfocar todos os seus esforzos nunha educación de calidade até os 16. Aulas de 15 alumnos con 1 profesor e un asistente. Chegados aos 16 deberíase estudar o caso de cada alumno por separado e enfocar a educación do neno cara á universidade ou unha FP. A universidade debe ser mais dura e matricúlalas mais caras sobre todo aos repetidores, pero sempre apoiándose nunha cobertura maior en bolsas.

¿Utópico?   Así é o modelo en Alemaña ou Finlandia.

 

O que é indignante son todos estes recortes tendo moitas alternativas viables.

O NOVO GOBERNO

O NOVO GOBERNO

De Guindos , Gallardón e Fernández gaban o feito en Economía, Xustiza e Interior".

No confundamos loanzas con señorío. Estas persoas teñen unha categoría impresionante así como unha traxectoria incualificable, incluído o paso por Lheman Brothers de De Guindos ao que por certo deixou con superavit a pesar do desastre que montaron os americanos e do que fué totalmente alleo, categoría que tivesen perdido de ter empezado desprezando o executivo anterior.

Prefiren pasar paxina e empezar a traballar, cousa moi común entre as persoas válidas e competentes, a diferenza do que adoitan facer os que non aproveitan nin para tacos de escopeta, que como non saben que facer  dedícanse a botar merda sobre o seu antecesor.

E isto non quita que agora cando se encontren co percal, teñan que informar os españois da crua realidade das contas españolas, contas que ao parecer son de escándalo.

É exemplar o respecto e as boas formas que se mantiveron neste traspaso de poderes. A gravidade da situación finalmente impúxose por sobre a parvada da pelexa política. Os cidadáns agradecerano.

Agora touca que Rajoy e a súa xente fagan algo útil para sacar a España da tendencia ao afundimento na que está... E sinceramente non vexo claro como o poderán facer...

Deséxolles o mellor, vainos a vida niso.

Euskadi Ta Askatasuna 20/10/2011

Euskadi Ta Askatasuna  20/10/2011

 

 

 

Benvido sexa que deixen de matar. Eu estou moi contento e esperanzado por esta noticia.

Con todo o comunicado de ETA di algo máis que iso, di varias cousas mais :

"Estamos ante a oportunidade histórica para dar unha solución xusta e democrática ao secular conflito político"

A solución xusta témola desde as primeiras eleccións democráticas neste país. Aquí non hai mais conflito que o que vostedes seguen mantendo dende a chegada dá democracia a este país.

"O recoñecemento de Euskal Herria e o respecto á vontade popular deben prevalecer sobre a imposición" ·" É o desexo da maioría da cidadanía vasca"


A súa  Euskal Herria , que para E.T.A. é Bizkaia, Guipuzkoa, Araba, Lapurdi, Nafarroa Garaia, Nafarroa Beherea, e Zuberoa, pertence dende hai séculos a estados distintos, Francia e España. Eu recoñézolles  o dereito a  defender a súa idea de Euskal  Herria, pero sempre dentro das normas do xogo político..

O que sexa o desexo da maioría vasca iso, iso sacáronllo vostedes da súa imaxinación. O ultímalas eleccións a suma dos votos dos partidos non-nacionalistas foron mais numerosos que os dos partidos nacionalistas. Daquela iso de que é o desexo da maioría vasca, de momento nada de nada

"A loita dos longos anos creou esta oportunidade. Non foi un camiño fácil. A crueza da loita levouse a moitas compañeiras e compañeiros para sempre. Outros están a sufrir cárcere ou o exilio. Para eles e elas o noso recoñecemento e máis sentida homenaxe"

Non señores , os longos anos de morte, feridos e secuestrados non crearon esta oportunidade. Vostedes déixano porque xa non poden mais, porque están vencidos,  porque cada día teñen menos membros e porque a Policía, a Garda Civil e o C.N.I téñenlles localizados, téñenlles infiltrados.

Non foi un camiño fácil, non a foi. Neste período de 43 anos de terror vostedes asasinaron a case 900 cidadáns, feriron a case 3.000 e secuestraron de case 100. Non foi fácil, teñen razón.

A crueza da loita puxérona vostedes, o Estado só  protexeu aos seus cidadáns; detivo a delincuentes que é o que son vostedes. Os que están no cárcere  foron condenados por tribunais de xustiza  en xuízos públicos e con probas. Vostedes son o que condenaron  á morte a cidadáns polo simple feito de non pensar como vostedes.

O exilio hai moitos anos que non existe neste país. Non temos exiliados porque  España  é un estado de dereito e a ninguén se lle condena por defender as súas ideas

Eu non teño ningún recoñecemento nin homenaxe para os terroristas mortos. Se o teño para aqueles cidadáns que por realizar o seu traballo ou simplemente por pasar por alí nese momento foron victimas de bombas ou tiros na nuca.

Din vostedes que con este comunicado gañamos todos. Nin se lles pase pola imaxinación que estou conforme con iso.

Non señores, non. Gañamos nós.

Vostedes xa perderon hai moito tempo

A pesar de todo alégrome moitísimo que por mor deste comunicado os cidadáns deste país deixen de mirar debaixo dos seus coches, saian da súa casa a pasear sen escoltas e fagan o que teñen que facer: a súa vida normal que con iso teñen bastante.

Con todo non esperen que lles das grazas por deixar de asasinar. Faltaría mais.

Benvido sexa o comunicado. Espero os seguintes pasos.

 


"Se te portas ben comigo, eu portareime ben contigo"

"Se te portas ben comigo,  eu portareime ben contigo"

Posiblemente  a alguén do Goberno algunha vez  passouselle pola cabeza  que para profundar na  política de reducir gastos sería adeucado que as reunións e audiencias dos ministros  e altos cargos , cando viaxan por España,    poderían ser a cabo ao aire libre e se chovese  poderían realizarse  nas gasolineiras, que asi aprovéitase o tempo mentres se enche.

¿Que malas intencións teñen eses periodicos que ven algo estraño en que Dn.  Jose Blanco reciba a un  empresario no seu coche oficial na gasolineira de Guitiriz?  ¿Como pode ser algo  que chame a atención si  , na miña opinión, o que  se pretende é aforrar e ser máis eficiente ?

¡¡¡¡¡¡¡Eu non vexo mais que  vantaxes!!!!!!!

1. Aforro para o Estado,  á vez que enche combustible atende os deberes do cargo

2. Aforro para o empresario  que non  ten que desprazarse a Madrid economizando  tempo para atender a súa empresa e evitando o custo dos desprazamentos, hoteis, restaurantes, etc...

 Se eu fose Dn. Jose Blanco tería  unha secretaria que  coordinase as miñas audiencias e reunións con empresarios cada vez que saíse de viaxe por España.¡¡¡¡¡¡¡ Mira que non hai gasolineiras para quedar!!!!!!!!!

E agora saen os listillos e aproveitados  e inventan tramas e conspiracións para prexudicar a boa imaxe dun tan importante servidor do estado.

Señores, un pouco de por favor

Gurú Rastani: Nihil sub sole novum

Gurú Rastani: Nihil sub sole novum

O Sr. Rastani é un crack e o que fixo é desenmascarar esta sociedade mediática que temos.

Agora uns botásenlle a culpa a outros e haberá sociólogos e psicopatologos que sairán a dar a súa versión e facerse tese, pero a realidade é que se riu de todo o mundo e demostrounos de como funciona o circo.

Ao velo en TV imaxinei que se trataba dunha das moitas "noticias"  que hai dirixidas a manipular o mercado.  En capitalbolsa.com teñen todos os días noticias deste tipo en tempo real e a maioría son desmentidas por gobernos e analistas, pero nos poucos minutos que hai entre a noticia e o desmentido, alguén se forra.


Desde que existe internet isto é unha tolemia porque se multiplicou  á enésima potencia os rumores e a velocidade nas transaccións. Hai gurús e especialistas que van desde dicir que a bolsa vai subir un 50% aos que din que vai baixar un 60%, con iso dígoo todo

Di a nosa ministra Salgado que Mr. Rastani é un " inmoral" e un " tolo". O Sr. Botin afirma que as súas declaracións son un " disparate" e un " escandalo"

E cal é o escándalo...? Cal a inmoralidade?  . O que di este tipo ( que coa crise alguén se esta forrando, que o mundo o dominan as grandes compañias  e as xestoras de fondos de investimento)  é a conversación típica que se pode escoitar cada día en rúas, corredoiras, no peixe, esperando o coche do pan  , bares, paradas do Castromil  e peluquerias  do noso Freixo.

Pois non sei se é un charlatán, un especulador ou un actor, pero como maltratado cidadán do montón dáme por crerlle.

E xa é triste que a palabra dun descoñecido ofrézame máis credibilidade que a de  Botín ou Salgado.

Pero é que nos  tomaron  tanto o pelo....

Crise

Crise

Probouse de todo: cambiar constitucións, "regalar" uns cantos miles de  millons de euros a bancos e caixas,  baixar soldos a funcionarios e pensións, modificar cálculo xubilacíons, reducir orzamentos en educación e sanidade , din que reducir asesores e coches oficiais,  enchufar a 5 millons de traballadores na empresa mais grande de España, etc....e nada de nada. Non levantamos cabeza

Os grandes problemas son: 

-  O noso Goberno de España  que non ten NPI de economía ( Solbes que sabia algo disto marchou escopeteado cando veu vir o asunto. A nosa paisana  Salgado, recomendada de Alfredo que  meteuse a Ministra de Economía por eso  de " si me lo pide, lo dejo todo" esta farta e desexando que chegue o 20-N para volver a sua tranquila vida na privada.

- O modo de vida, que é tendente sempre a gastar máis do que se gaña. O consumo desaforado e estúpido leva a isto.

Á parte, unha repartición inxusta do diñeiro, onde o que tería que gañar 1000 gana 10000000 e o que tería que gañar 50 gana 15.

Ou se cambian as regras do xogo, ou se vai todo ao "garete", tanto os de arriba coma os de abaixo.

Estamos a asistir ao final deste sistema económico ficticio e virtual. A economía das últimas décadas baseouse en valores ficticios (accións, bonos, letras, CDS, ata o propio diñeiro) e agora está a caer a fachada de cartón que nos mantivo enganados. Detrás non hai nada.

Que teña unha horta e unha casa cun pozo de auga que o coide. Dentro de pouco sobrevivirán os que poidan ser autosuficientes

Rubalcaba e a invencion da historia

Rubalcaba e a invencion da historia

 

Rubalcaba propón cambiar de nome e sentido ao Val dos Caídos.

 

A historia non se reescribe ao antollo de ninguén, aínda que moitos o quixesen. A historia escríbese día a día.

 

Comparando con outros países non atopo unha histeria parecida á española.

 

 Franco, Hitler, Stalin Mussolini,  forman parte da historia europea. Todos correspondentes a unha epoca conflictiva na nosa Europa.

Pois vin monumentos separados e conxuntos en moitos lugares aos caídos naquelas barbaries e nótase no ambiente que perseguen memorizar uns feitos históricos tráxicos para que non se repitan, nada máis.

 

É dicir manter a historia na memoria do conxunto da sociedade indicando como non hai que facer as cousas xamais sen buscar culpables.

Aquí é claramente unha arma política e ademais con actualizacións diarias.

A chama olímpica acéndese en Olimpia pola acción do Sol levase país por país transportada por deportistas e xente corrente até onde se celebran os Xogos Olímpicos para acender o pebetero.

Unha idea preciosa e sublime.

Sabedes quen a tivo e quen a fixo en primeiro lugar?

 

ADOLF HITLER, para os seus xogos de Berlín e  desde entón é unha tradición. Quitámola tamén?

Gústenos ou non, a Cruz dos Caídos é parte da nosa historia, boa ou mala segundo quen a mire, pero por iso debe seguir aí.

Agora é de todos, dos que queden dun bando ou outro e sobre todo de nós, os netos e bisnetos daqueles que participaron. En ningún país removeuse tanto o pasado como neste.

 

O pasado hai que coñecelo pero non removelo.

 

É un gran erro negar a historia e tratar de borrala cambiando nomes e refacendo estatuas e monumentos.

 

O franquismo foi un período moi negro da historia de España pero precisamente por iso non debe ser esquecido. O mesmo que os campos de exterminio de Auschwitz ou Dachau NON SON MONUMENTOS AO NAZISMO, senón un recordatorio dos erros que non deben repetirse, así tampouco as prazas, estatuas, ou o Val dos Caídos son monumentos ao franquismo (aínda que no seu día fóseno).

 

Resumo: Memoria histórica é unha frase ben elixida pero moi mal aplicada.

ZP na China

ZP na China

Declaracions do noso Presidente do Goberno na China  o dia de hoxe ( 14/04/2011) :

 

" España es un trasatlantico poderoso, estar tranquilos"

 

O noso inefable presidente pasa coma un milsil   do futbol á nautica, da Champion League ao Titanic, dos brotes verdes ao deserto do paro, do Pacto das Civilizacións á intervencion militar e da economia do benestar ao salvese quen poida

Iso si, se tes diñeiro e/ou traballo ata faran  graza as súas ocorrencias pero para moitos esta historia hai tempo converteuse   nun drama.

Este home perdeu o rumbo. Se vén preparado non convence, pero cando improvisa é un monologo sacado de Club da Comedia. Quen o asesora, quen lle escribe estes monólogos, debería despedirselle xa ¡¡¡¡Transatlántico!!!! Que ocorrencia

Mesmo sendo un Zapatista pechado non se pode quitar da cabeza as alusións inmediatas a un barco que todo o mundo coñece. !!!!Coma se non existisen outras alegorías¡¡¡¡¡.

Se é unha improvisación demostra "o gran talento" do que se falou tanto non hai moitos anos.

Por certo, o poderoso trasatlántico  Titanic afundiuse un ¡¡¡¡ 14 de abril!!!!!

 


BATASUNA, SORTU, BULDU, etc..........

BATASUNA, SORTU, BULDU, etc..........

Non se poden poñer portas ao campo.

Tarde ou cedo, estaran nas eleccións, para estas do 22/05  ou para as seguintes, pero este proceso é imparable porque os seus dirixentes xa aceptaron a súa derrota fronte ao marco xurídico que durante décadas dicían que había que cambiar para eles poder acomodarse nel.

E, como alguen dicia  na SER , se se pretende que os pistoleiros deixen as armas e fagan política, non podemos negárllelo porque son, precisamente, eles os que a pretendan facer.

As leis deben estar preparadas para evitar que ante calquera novo tipo de engano (como foi o caso de EHAK ou ANV) sexa imposible exercer unha acción xurídica que lles impida facer a política de ETA (e financiala) dende as institucións.

O feito de que non utilizasen homes de palla no actos de presentación   parece que é síntoma de que o camiño que tomaron é irreversible. PNV, PSOE, PP e IA, esas son as cuatros forzas que existen no País Vasco e o que o queira negar engánase; outra cousa é que todos han de xogar coas mesma baralla e ninguén poida gardarse ases na manga con forma de pistola; e iso creo que xa o entenderon ata os da IA.

O malo desta historia é que os mesmos que defendían a violencia cando crían que podía ser útil para os seus fins, agora din condenala pero non por motivos éticos senón porque agora pensan que é prexudicial para eses mesmos fins.

E difícil creer neles. Agora ben, fágase o milagre aínda que o faga o demo.

Se isto serve para rematar coa violencia dunha vez, benvido sexa. O que importa é a pacificación definitiva da sociedade vasca e para iso, antes ou despois, haberá que falar con xente á que non lle dariamos a man nin por educación.

Por outro lado, o odio infinito que mostran algunhas persoas, algunhas vítimas de ETA,alguns políticos,  .... será comprensible ( que o é)  pero tamen un pésimo conselleiro.

Con odio só se consegue máis odio.

Os deberes de ZP

Os deberes de ZP

Veu Merkel e tomoulle a leccion a ZP.

Dixollé: "Moi ben, estos deberes estan ben feitos, podes sacar o mandilon e sair un pouco o recreo."

Mentras o rapaz saltaba contento no patio  , a " profesora" poñialle no caderno  mais deberes o seu aventaxado "alumno":

* Estudar o capítulo segundoLigar suba de soldos con productividade

 

Ligar a suba de soldos á produtividade non é o  mais normal, asi evítanse a suba sistematica de todolas  cousas, como acontece ultimamante en España ( gas, luz, transportes, gasolina, etc...)

O IPC do 3% deste ano é un chiste ( malo, pero un chiste)  para os que creen nos milagres( que son os anxos  e os politicos) . Agora, en España isto de ligar a suba de soldos á produtividade non pinta nada ben, porque coa fodida "picaresca" española, que nos empresarios é pataloxica, pode ir moi mal a pelicula.

Agora eu propoño invitar a Merkel  todolos  findes, porque xa que nos ten baixo supervision, polo menos que invista mais tempo.

Houbo unha vez millóns de trabajdores que se uniron  para conseguir dereitos sociais, que loitaron unidos para obter grandes cambios na sociedade. Ante esta situación banqueiros, empresarios e especuladores, decidiron recrutar a politicos e sindicalistas, todos unidos loitaron en contra dos dereitos e privilexios obtidos polos traballadores, que andaban desunidos cada un ao seu e que habian esquecido o que é loitar unidos, dentro de pouco o estado do benestar dirá colorin colorado...


Como sempre, o fío córtase pola parte máis débil; neste caso os traballadores. Agora resulta que o problema é o aumento de salarios.

Vexamos : aos Bancos déronlles diñeiro, os grandes executivos seguiron cobrando os seus plus malia o desastre das súas empresas, as axencias de control fallaron, !!!!!!e resulta que os problemas son a idade de xubilación e o axuste salarial¡¡¡¡¡

Se o salario non se axusta coa inflación, perderase poder adquisitivo da pouco, claro. Pero polo que sei en España hai anos que non se axustan os soldos por outros motivos, por ej. cando as empresas gañaban moito só gañaban máis os seus executivos, non os traballadores.  

Claro, dirase que os albaneis gañaban demasiado..pero por que?? porque os promotores gañaban moitisimo e había moita demanda de man de obra. Se Alemaña e Xapón, entre outros, poden competir malia os seus salarios máis altos, está claro que España tamén debe poder: os seus salarios son máis baixos.

O da produtividade, aí si pode estar a clave. Pero non aumentando os soldos  a xente non será máis competitiva.

Moitos empresarios españois, non saben o que son os estímulos, motivar o persoal, etc. Ou non saben ou se fan os distraídos.

A cobiza e a avaricia son sempre grandes motivadores... para mal, por certo.



Ano de vacas fracas

Ano de vacas fracas

Moita literatura barata vese nos telexornais, faladoiros e demais. Andan pendentes todos si Mubarak vaise ou non

Pero con Mubarak ou sen Mubarak (mellor sen Mubarak por suposto) os problemas de fondo seguirán sendo os mesmos.

O problema demográfico, a explosión demográfica común á maioría dos países musulmáns, é unha bomba de reloxaría que está a punto de estalar. Ademais é un problema non só destes países senón que se traslada a Europa a través dunha inmigración dificilmente asumible polos nosos paises como se está a ver.

A pesar do que desexa certa xente de esquerda (moito corazón e pouca cabeza)  os grandes beneficiados, como non pode ser doutro xeito, serán os partidos islamitas. A esquerda non se decata de que vai a cousa e serán superados porque o pobo prefire os islamitas.

O único que queda por definir é se os islamitas do norte de Africa se parecerán aos turcos ou serán máis radicais e estando os Irmáns Musulmáns por medio paréceme que van probar unha porción de wahabismo de non te menees.

En calquera caso o problema principal e  que demos facer con tantos habitantes pasando fame e miserias, moitos sen cualificar,  e quede quen quede no goberno seguirá sendo o mesmo en Exipto, en Arxelia,  ou en Irán.

Habera que ver se Occidente logra substituír os ditadores por líderes moderados e seculares   que poidan facilitar a transición,diálogo e acordos

O concreto é que os esquemas de poder están a cambiar vertixinosamente no mundo.Nada volverá ser como antes nin as antigas potencias o serán por se solas.Espero que despois disto veña unha revolución da Civilización Humanista ,pois a actual é movida por factores económicos

Así que, ainda sendo un asunto serio e con consecuencias para todos,   vou  tomalo con  calma e non perderei  de vista o problema principal.

4.700.000 traxedias

4.700.000 traxedias

O paro o nunca visto, os sindicatos caladiños e sentadiños para asinar a xubilación aos 67 (revisable automaticamente cada 5 anos segundo suba a esperanza de vida...)

Un goberno que se di de esquerda con políticas de extrema dereita

O noso diñeiro para os mandamases das caixas, os bancos... suba de impostos, de electricidade, a economía con encefalograma plano, pais que se deitan sen cear... imos moi ben, pero que moi ben para os desexos dos que dominan o mundo. Se a sociedade civil non se organiza, imos de novo a un sistema de escravitude.


Como pretenden combater o desemprego se non fan nada para xerar emprego ? NON FAN NADA.

O goberno e os sindicatos convertéronse no maior obstáculo para a xeración de emprego.


     Como axudar a xerar emprego:


1. Baixando impostos (IVE, Sociedades)

2. Baixando cotizacións (sobre todo ás pemes) e  flexibilizando o mercado laboral (Non é o mesmo unha grande empresa que unha  microempresa)

3. Incentivos fiscais para emprendedores

4. Obrigar aos bancos e caixas a que concedan créditos (é abraiante a permisividade de Zapateiro cos bancos, así como as petroleiras e as enerxéticas).


  De onde sacar o diñeiro:


1. Non vía subida de impostos (penaliza o consumo)

2. Non a conxelación de pensións e baixada de salario dos funcionarios (consumirán menos tamén).

3. Facer  unha auditoría en profundidade do modelo de Estado. Dende as administracións a nivel nacional, de comunidades autónomas e    locais.

3. Reducir a burocracia (para crear unha empresa é necesario ir ata a 10 sitios distintos),

4. Suprimir cargos públicos duplicados, control sobre subvencións, estudo individualizado das empresas públicas

 

Parafraseando a Stalin: "Un único parado é unha traxedia, catro millóns e medios é unha estatística".

En España hai case catro millóns setecentas mil traxedias e aquí non pasa nada. Utilízase a estatística como algo interpretable e frío. Unha arma arroxadiza máis. 

 

De non facer nada, verase moi pronto unha gran conflictividade social



Amigos meus,  a pólvora xa esta aquí, só falta a faísca

O pacto dos vendidos

O pacto dos vendidos

Unha bonita escenificación dun acordo que xa existía. O de sempre,  de entrada NON  pero de saída SI.

Os burócratas sindicais e políticos gañan e os traballadores perden e a  involución social imponse ao progresismo.

A democracia é só o envoltorio estético dunha ditadura porque a triste realidade é que a política funciona en España de facto como un partido único.

A escenificación da gran farsa tivo lugar no momento planeado. Zapatero tíñao todo planificado e os sindicatos sabíano.

Zapatero quixo aparecer no último momento como o salvador do pacto facendo concesións en forma de decimais; 38,5, os sindicatos pola súa banda vendéronnos da forma máis vil e rastreira que se pode facer.

Ninguén parece decatarse que unha parte moi importante desta pantomima non só son os 67 anos senón o aumento ostensible do período de cómputo dos 15 aos 25 anos no cal o goberno oscilaba entre 20-25 dende o principio dando a entender que estaba disposto a negociar esa partida nese intervalo 

O Goberno debe estar encantado coas "tragaderas"· dos sindicatos os cales aceptaron sen chiar os 25 anos e que supón a gran mingua nas pensións.E os  bancos deben estar a fregar as mans cos futuros fondos de pensións privados que van a firmar.

O pobo calado  e apretando no seu peito  o maior retroceso en dereitos sociais da democracia española. Xa díxoo Juliane Assange: "A sociedade civil está morta".

Agora que rematou o teatro  e xa ten caido o pano, e cando os comediantes cobrarán os seus emolumentos.Co que lles achegue o seu "amo", o Gordo poderá tomar as súas boas "ginebritas francesas" e o Flaco poderase apuntar a un par de cruceiros.

¿Que os xovenes de hoxe só terán mañan  pensións de miseria? Pois que se fagan políticos, que sen moita preparación teñen a vida resolta.

Eu teño o palpito de que aqui non remata o conto.

O   manual de instrucións «como saír da crise» que enviaron a ZP dende Bruxelas é un texto de moitos parágrafos. Creo que imos só polo Capitulo Primeiro. ¿ Recordades a xa case esquecida noticia de hai un par de anos  sobre a xornada laboral de 45 horas semanais?

Temo que en  datas próximas falaremos doutras interesantes aventuras deste «marabilloso» libro 

¡¡¡Obama e Hu Jintao!!!! (Pasen e vexan)

¡¡¡Obama e Hu Jintao!!!!   (Pasen e vexan)

Din os xornais e ás televisóns que Obama puxo firme  o chinés polo asunto dos dereitos humanos.

Que Hu Jintao quedouse pasmado escoitando o Presidente e ao volver en sí,  púxose a rezar  " Eu , pecador confésome....." e declarando que a partir dese momento China seria o paraíso terreal.

¡ ¡ ¡ ¡ Velaquí o poder de convencemento do xefe supremo do mundo!!!!!!!


Eu, que confio tanto nestes dous coma nas predicións de Rappel, creo que todo e un "paripé"

Non creo que teñamos que esperar varias décadas para ver o parto destes dous amantes galantes.

O poder de ningún é desdeñable e a ningún lle interesa o conflito aberto polo momento. EUA sempre creu lícito usar a  potencia militar para intervir mercados estranxeiros, ás veces sen escusas tan "elaboradas" como as de Bush Jr., abonda cun "polo ben común e os intereses de todos os cidadáns". Iso evidentemente esperta certa animadversión.

China pola súa banda foi máis sutil exercendo a represión só de portas para dentro e inundando os mercados mundiais con "todo a 100" e magníficas réplicas de todo aquilo que os occidentais nos morremos de “gustito” por comprar. Pero ata a data non vin nin un indicio de iniciativa por parte de ninguén, e menos destes dous, por ocuparse das inclemencias, desgracias e desventuras  que azoutan a humanidade...más ben ao contrario.

Así que se estes señores tan “majetes” deciden facer bo caldo será porque a pesar de terse un medo mútuo xustificado, comparten intereses comúns, véxase o control económico mundial e por extensión o control humano, ao máis puro estilo Orweliano.

 Avanzar en dereitos humanos?...non, obter dereitos sobre os humanos...

EUA non ten unha conciencia mais limpa respecto aos dereitos humanos que China, nin nós, nin Francia, nin Alemaña, nin Rusia, nin Xapón nin Bélxica (quizais salvanse  Andorra ou Mónaco)...Todos temos os nosos Tiananmen sempre por un presunto ben maior. E aínda que asi non fose temos  choupanas, cidadáns sen fogar, excluídos dos seus dereitos como persoas e como cidadáns..

Non soamente os chineses pensan que non é importante a cor do gato senón que cace ratos e que sexa para os dirixentes.

A nosa Torre de Babel

A nosa Torre de Babel

Estamos no século XXI. As cámaras lexislativas españolas aínda seguen usando linotipistas para facer as actas dos diarios de sesións como hai 200 anos. Aínda non se decataron que se pode gravar a voz e o vídeo, sendo máis eficaz e barato.

Agora veñen coa estupidez de utilizar cinco linguas con tradución simultánea. Isto terano pensado un día na faraónica piscina que as súas Señorías se fixeron construír no Senado. O mundo enteiro estase a partir de risa ante tanta parvada e os mercados poñen cara de non , vendo en que nos gastamos o diñeiro que nos prestan.

Non me imaxino aos membros do Parlamento Británico usando "pinganillos" para a tradución simultánea do Galés ou o Escocés nin ver a Chanceler Merkel no Parlamento Alemán usar traductores para os seus outros idiomas (Schwäbisch, Schwizerdütsch, Oberbayerisch, Plattdeutsch).

Realmente estas pallasadas de afeccionados (respecto moito aos pallasos profesionais) non teñen desperdicio. Resulta que necesitan traductores no Senado e logo vanse todos a tomar o "cafecito" e a conversar en español.

Esta claro que a crise é para a poboación en xeral, non para as súas Señorías que nin revisan as súas pensións, nin limitan os seus privilexios. Vaia soberana parvada, como se nota que gastan diñeiro do resto dos españois, non dos seus petos. É unha vergoña 

Están tirando pedras contra o seu propio tellado e o seu descrédito crece máis que o custo das súas parvadas.


Somos a risa do mundo

Goberno, sindicatos e clase politica

 

A) Goberno

 

Zapatero expuxo onte a súa memoria económica do ano.

Fíxoo como presidente do goberno ante o pobo, no parlamento?  NON

Fíxoo como un conselleiro delegado nunha sala ante os principais accionistas do país, rendendo contas ante os grandes accionistas dunha empresa, España S.A. ( Presidentes de bancos, caixas, electricas, constructoras, etc)
Os accionistas minoritarios, o pobo,  non fomos convocados a esa xunta anual ordinaria a pesar de representar o 95% do capital social.

 

B) Sindicatos

 

A pesar de que o goberno lles soltou outros 27 millóns de euros aos sindicatos en Xaneiro, oín e lido en prensa que aínda queda algún pardal que se cría que o Gordo e o Flaco, léase Méndez e Toxo, ían preparar unha semifolga a Zapatero. Realmente hai xente que ten menos alcance que unha escopeta de cortiza.

Os sindicatos constitúen, hoxe en día, uns quioscos burgueses disfrazados con traxes baratos (quitaron ata a pana e a flanela) subvencionados polo goberno, cuxa finalidade é a supervivencia do seu propio organigrama de poder. A verdade é que desapareceron con Marcelino Camacho e Nicolás Redondo

Coa precariedade  laboral ( contratos por meses, a media xornada, en practicas, etc. )  é necesario vivir tres vidas para conseguir 35 anos cotizados. Isto é unha xolda, e CCOO e UGT, os novos inimigos declarados dos traballadores.

C) Clase política


A nosa clase política  equiparou as súas pensións ao país veciño no ano 2006, asegurándose así mesmo unha pensión polo feito de estar en calquera das dúas cámaras (Congreso ou Senado ) durante un período mínimo de 7 anos (o resto dos españois teño que ter cotizados 25 anos, ata a data).

Segundo a nosa constitución todos somos iguais, temos os mesmos dereitos e deberes Porque no caso das pensións existen estas diferenzas abismais entre a clase política e o resto dos españois?, que ademais o goberno pretende acrecentar coa reforma laboral proposta. Vostedes imaxínanse un señor ou señora enriba dunha estada, limpando na hostalaría, ou "agachado" no campo cultivando con 67 anos?

Gustaríame que os nosos dirixentes mostrasen un pouco de respecto polo traballo de todas estas persoas que non traballan sentadas tras unha mesa de despacho.

 

D) Conclusion

Non esta de mais transcribir algo da  entrevista en Antena3 o pasado dia 10:

Pregunta de Gloria Lomana: " Como pode ser que Alemaña vaia tan ben e nós tan mal? "

A resposta non ten desperdicio, con esa astucia que caracteriza a ZP: "Porque eles están a facer reformas dende hai cinco anos".
Pero ben, porqué non as empezou el hai cinco anos, simplemente porque estaba na lúa, dicindo iso de que adiantamos a Italia, Francia e Alemaña, é dicir na utopía de sempre.

A crise tena o traballador, os políticos non teñen ningunha crise, seguen con todos os seus privilexios e luxos.

Logo fálanche do drama do paro e do drama dos pensionistas.

 O gracioso é que parecemos parvos porque o consentimos sen máis e non saímos á rúa a berrar á cara destes caraduras. 

É evidente que ser socialista non é o que era. Recorte de pensións, soldos, abaratamento do despedimento, supresión de subdsidios e subvencións, a metade da SER na COPE....

 

Ufff, que panorama

ZP aforra: anula os 426 € aos parados, privatiza un 30% da LAE, etc....

Lembro como si fora onte as palabras de Zapatero naquela noite de triunfo:

" NO OS FALLARE" " NO OS FALLARE"

 

Pois ben despois da xuntanza do sábado pasado con 37 empresarios de España, hoxe mércores o Presidente do Goberno de España anunciou ( en dous minutos ) unha serie de reformas e medidas para incentivar a economía

 

Reformas coma: privatizacion do 49% de AENA, privatizacion do 30 % de LAE, anulacion dos 426 E a parados de longa duración, incentivos fiscais a PYMES, etc...

¿ Que vai pasar con todos esos dircusos de Pepe Blanco, Rubalcaba, Juaregui, Trinidad, e o propio Zapatero deciendo estos meses que o PP so queria privatizar?

Levo anos oindo que Esperanza Aguirre privatiza a Sanidade, e ata agora sei que ningun madrileño pagou un patacón porque o atenderan no medico ou no hospital ( asi din  dous naturais de esta parroquia  que viven e Madrid e por desgraza usan os servizos sanitarios mais do que o desexan)

 

Logo coas ventas , do que e de todos , o Goberno de España vai a ingresar uns 14.000 millons de euros, baixa os soldos dos funcionarios, os dos pensionistas, e agora suprime os 426 € que daba aos parados de longa , longuisima duracion.  Parece ser que o Goberno esta por aforrar.

 

Sr. Zapatero, eu podo darlle algunha idéa para aforrar uns cuantos euriños

 

Vexamos:

 

  1. Comece por traer a todos exercitos que temos en países que nin nos van nin nos veñen, e cústannos moitisimo  diñeiro.
  2. Deixe de dar subvencións a sindicatos ,artistas e partidos politicos, e que vivan do produto do seu traballo e non do noso.
  3. Os políticos que coticen como calquera español, é dicir sobre o 100% do percibido e non como o fan agora.
  4. Regule, organice e legalice a prostitución, por que seguirá estando aí, en lugares que non debe, sen pagar impostos e con dereito a asistencia médica que pagamos todos.
  5. Peche as fronteiras ao turismo sanitario, e non cubra o que eses turistas non teñen cuberto nos seus países.
  6. Reduza ministerios e organismos oficiais precindibles, e prescinda totalmente de gastos superfluos.
  7. Faga que os políticos reduzan drasticamente os seus salarios.
  8. Non volva perdoar débedas co noso diñeiro a Evo Morales e similares. Si non temos para Nós como vamos ter para os demais..
  9. Si eu deixo o meu traballo teño unha liquidacion  e nada mais. ¿ Porque os Ex-Ministros, Ex-Secretarios de Estado, Ex-Presidentes do Goberno, Ex-Presidentes das Autonomias,  Ex-Presidentes do Congreso, Ex-Presidentes dos Parlamentos Autonomicos, etc... teñen dereito a unha pension polo seu cargo ?  ¿ PORQUE ?
  10. Anule as subvencions as relixions ( cada unha que viva co que dan os seus fieles)
  11. Faga que a Inspección Tributaria e a Laboral funcione

 

En fín, creo que isto sería moito máis efectivo, que meter man ao diñeiro a pensionistas, parados e xubilados da forma vil e covarde como fixo, pensando en que non teñen armas para defenderse, en especial os dous últimos.

Eu sei que moitos votantes de esquerda dira que non teño N.P.I.Desgraciadamente a moitos votantes de esquerda ( e tamen da dereita)  escorréganlles os argumentos.

Na súas cabezas o mundo divídese en bos (eles) e malos (os demais), e de aí non pasan.

 Non temos mais que ver como cualifican aos empresarios como os malos da situación, coma se estes fosen unha caste que nace, e esquecendo que empresario é todo aquel que pon o seu propio negocio, unha actividade aberta a todos, pero que require valentía.

 E queixume ter que dicir que este pobo, que é o meu, é un pobo covarde que só aspira a que lle poñan a comida na boca, como os nenos, en lugar de saír a buscala, como os adultos.

 Un pobo infantilizado, que pon no pedestal a marujas sen oficio nin beneficio que enchen os estudios de TV, e a futbolistas multimillonarios, mentres deixa que os seus científicos e enxeñeiros máis cualificados, imprescindibles para xerar economía produtiva, emigren a outros países máis receptivos coa súa valía.

 

Que confunde a igualdade de oportunidades (desexable) co todos iguais (desincentivante).

 Que vota nas eleccións co mesmo criterio co que militan nun club de fútbol, é dicir, ningún.

 Temos o que nos merecemos, e a hostia vai ser de abrigo.

 Esperemos polo menos que nos sirva de lección, e dunha maldita vez maduremos como pobo.

 

Boas tardes e boa sorte

Independenzas varias

A O.N.U.  e a sua sentenza sobre a independenza de Kosovo.

 

Di o Alto Tribunal da O.N.U que a independenza de Kosovo  esta mais que xustificada porque ese e o desexo do pobo kosovar.

Seguindo esta tesis poderiamos afirmar que os da Ribeira, ou os de Siavo, e porque non tamen os de Catasueiro e os de Braño ( por poñer exemplos) poderiamos independizarnos e crear xa non un Concello propio senon incluso un pais soberano. Non estaria mal, co noso DNI,  pasaporte,  himno e bandeira,  exercito,  Goberno , Parlamento etc....

 

Esto mesmo deberon pensar o chicos de Josep Lluis Carod Rovira ( "aqui y en la China"  dixo na TVE) xa que tres horas depois de publicarse a sentenza ya estaban a decir que habia " xurisprudencia" para que a sua Catalunya sexa independente.

Como hai eleccions moi pronto, Convergencia dixo, coa boca casi pechada para non facer moito ruido, que a sentanza era xusta y con consecuencias.

O Molt Honorable President saleu,  despois de falar con Zapatero ( Oye Jose Luis, haber como arreglamos esto, que no hay Mundial hasta dentro de cuatro años, ¿ en que vamos a entretener a todos estos?) decindo que Kosovo e Catalunya non son comparables.

Pois ben eu,  que non teño que gañar eleccions nin teño que tragar coas instruccions de partido que si non despois no os poñen  nas listas,  digo o seguinte:

Os pobos  intelixentes que queren ser algo no mundo, únense, aí está Alemaña que, superando infinidade de dificultades de toda índole, non parou ata reunificarse, un país, polo demais cuxa unificación contaba con pouco máis dun século, hoxe dirixe Europa e a súa voz é oida e tida en conta en todos os círculos desde onde se dirixe o mundo.

Por contra, aí están, o que foi Yugoeslavia e seu caterva de nacións de opereta, dirixidas e colonizadas por uns e por outros, as repúbloicas ex-soviéticas, afundidas na miseria, a corrupción e as guerras tribais na mesma Europa.

Si ese é o destino que queremos para o que unha vez foi España, pois adiante rapaces, que por Zapatero non vai quedar.

Eu manteño que o nacionalismo curase  viaxando e o carlismo lendo. Así que saíde da vosa vila ou parroquia, lede un pouco.

Convivir con xentes diferentes, aprendede outras linguas e vereis como pásavos a enfermidade

Terei razon ou non. Quen sabe

Sr. Presidente

Sr. Presidente

Sr. Presidente espero que alguén dígalle estas verdades e rectifice seriamente antes de que estrague ao PSOE.

Ou non o comprende  ou ten o peor gabinete asesor económico da historia, non só se esta xogando a súa credibilidade, senón a dun partido e as próximas eleccións

Se de verdade hai que facer unha reforma da vida laboral, que se faga, pero antes de abrir a boca un ten que estar moi seguro e asesorado do que di e non exporse a facer o ridículo, tanto en España como no estranxeiro, que é o que lle esta pasando a vostede e o seu goberno.

Isto e o que  esta conseguindo ata agora:

 1º.- O desconcerto total da clase traballadora que xa non se cre nada do que di ou fai, co cal vostede esta entregando o voto á esquerda, PP e partidos nacionalistas.

2º.-  Que o traballador recee que o que vostede propón sexa xusto para todos e sexa só en beneficio da patronal e sobre todo a banca.

3.- º Que se pense de que todo sexa unha artimaña para asustar coa quebra da Seguridade Social e forzar aos traballadores a facerse seguros de xubilacións e pensións, así como unha reforma laboral á baixa.

4.- º Que se pense que é vostede un monicreque en mans da banca, non contenta con todos os miles de millóns que lle deu, e tola por recoller eses miles de millóns de euros aforrados con tanto suor e traballo e que non se gastan os traballadores por culpa da súa política desconcertante.

Saúdos cordiais dun traballador que ve con pena como se desacredita un país.

400 €, D.E.P.

400 €, D.E.P.

Como xa saberás, o presidente de goberno, en campaña electoral, prometeu devolver 400 euros a todolos españoliños, xa que a economía española ía estupendamente e xa estabamos superando en crecemento económico ata a Francia. Polo tanto, lonxe de prever a que se lle viña enriba, empezou a malgastar diñeiro e a baleirar alegremente as arcas do Estado.

A "pequena desaceleración da economía "aos poucos días de gañar as eleccións converteuse nunha grave crise que intentou paliar por medio de plans de malgaste económico, o que supuxo que a día de hoxe temos unha das peores conxunturas económicas de toda Europa, cun déficit altísimo e o Estado non ten un euro, nin para aboar as devolucións da renda do ano pasado (aínda hai moitas que non se ingresaron).

En definitiva, de súpeto decatáronse que tiñan que recadar o que habían desperdiciado e decidiron subir outra vez os impostos da gasolina, tabaco, o IVA,, etc. e por suposto... as retencións en nómina dos que sempre temos que acabar pagando todo: OS TRABALLADORES.

Agora, nas móminas de xaneiro, os 400 euros suprimíronos practicamente a todoslos traballadores e rebaixaron nuns 3000 euros a escala a partir da que hai obriga de reter. Polo tanto, todas porcentaxes de retención subiron entre 1 e 3 puntos. A maioria cobraremos menos que o ano pasado, pensionistas incluidos.

Animo, a comer talante, que e moi dixestivo