Os deberes de ZP

Veu Merkel e tomoulle a leccion a ZP.
Dixollé: "Moi ben, estos deberes estan ben feitos, podes sacar o mandilon e sair un pouco o recreo."
Mentras o rapaz saltaba contento no patio , a " profesora" poñialle no caderno mais deberes o seu aventaxado "alumno":
* Estudar o capítulo segundo: Ligar suba de soldos con productividade
Ligar a suba de soldos á produtividade non é o mais normal, asi evítanse a suba sistematica de todolas cousas, como acontece ultimamante en España ( gas, luz, transportes, gasolina, etc...)
O IPC do 3% deste ano é un chiste ( malo, pero un chiste) para os que creen nos milagres( que son os anxos e os politicos) . Agora, en España isto de ligar a suba de soldos á produtividade non pinta nada ben, porque coa fodida "picaresca" española, que nos empresarios é pataloxica, pode ir moi mal a pelicula.
Agora eu propoño invitar a Merkel todolos findes, porque xa que nos ten baixo supervision, polo menos que invista mais tempo.
Houbo unha vez millóns de trabajdores que se uniron para conseguir dereitos sociais, que loitaron unidos para obter grandes cambios na sociedade. Ante esta situación banqueiros, empresarios e especuladores, decidiron recrutar a politicos e sindicalistas, todos unidos loitaron en contra dos dereitos e privilexios obtidos polos traballadores, que andaban desunidos cada un ao seu e que habian esquecido o que é loitar unidos, dentro de pouco o estado do benestar dirá colorin colorado...
Como sempre, o fío córtase pola parte máis débil; neste caso os traballadores. Agora resulta que o problema é o aumento de salarios.
Vexamos : aos Bancos déronlles diñeiro, os grandes executivos seguiron cobrando os seus plus malia o desastre das súas empresas, as axencias de control fallaron, !!!!!!e resulta que os problemas son a idade de xubilación e o axuste salarial¡¡¡¡¡
Se o salario non se axusta coa inflación, perderase poder adquisitivo da pouco, claro. Pero polo que sei en España hai anos que non se axustan os soldos por outros motivos, por ej. cando as empresas gañaban moito só gañaban máis os seus executivos, non os traballadores.
Claro, dirase que os albaneis gañaban demasiado..pero por que?? porque os promotores gañaban moitisimo e había moita demanda de man de obra. Se Alemaña e Xapón, entre outros, poden competir malia os seus salarios máis altos, está claro que España tamén debe poder: os seus salarios son máis baixos.
O da produtividade, aí si pode estar a clave. Pero non aumentando os soldos a xente non será máis competitiva.
Moitos empresarios españois, non saben o que son os estímulos, motivar o persoal, etc. Ou non saben ou se fan os distraídos.
A cobiza e a avaricia son sempre grandes motivadores... para mal, por certo.
0 comentarios