Ano de vacas fracas

Moita literatura barata vese nos telexornais, faladoiros e demais. Andan pendentes todos si Mubarak vaise ou non
Pero con Mubarak ou sen Mubarak (mellor sen Mubarak por suposto) os problemas de fondo seguirán sendo os mesmos.
O problema demográfico, a explosión demográfica común á maioría dos países musulmáns, é unha bomba de reloxaría que está a punto de estalar. Ademais é un problema non só destes países senón que se traslada a Europa a través dunha inmigración dificilmente asumible polos nosos paises como se está a ver.
A pesar do que desexa certa xente de esquerda (moito corazón e pouca cabeza) os grandes beneficiados, como non pode ser doutro xeito, serán os partidos islamitas. A esquerda non se decata de que vai a cousa e serán superados porque o pobo prefire os islamitas.
O único que queda por definir é se os islamitas do norte de Africa se parecerán aos turcos ou serán máis radicais e estando os Irmáns Musulmáns por medio paréceme que van probar unha porción de wahabismo de non te menees.
En calquera caso o problema principal e que demos facer con tantos habitantes pasando fame e miserias, moitos sen cualificar, e quede quen quede no goberno seguirá sendo o mesmo en Exipto, en Arxelia, ou en Irán.
Habera que ver se Occidente logra substituír os ditadores por líderes moderados e seculares que poidan facilitar a transición,diálogo e acordos
O concreto é que os esquemas de poder están a cambiar vertixinosamente no mundo.Nada volverá ser como antes nin as antigas potencias o serán por se solas.Espero que despois disto veña unha revolución da Civilización Humanista ,pois a actual é movida por factores económicos
Así que, ainda sendo un asunto serio e con consecuencias para todos, vou tomalo con calma e non perderei de vista o problema principal.
0 comentarios