4.700.000 traxedias

O paro o nunca visto, os sindicatos caladiños e sentadiños para asinar a xubilación aos 67 (revisable automaticamente cada 5 anos segundo suba a esperanza de vida...)
Un goberno que se di de esquerda con políticas de extrema dereita
O noso diñeiro para os mandamases das caixas, os bancos... suba de impostos, de electricidade, a economía con encefalograma plano, pais que se deitan sen cear... imos moi ben, pero que moi ben para os desexos dos que dominan o mundo. Se a sociedade civil non se organiza, imos de novo a un sistema de escravitude.
Como pretenden combater o desemprego se non fan nada para xerar emprego ? NON FAN NADA.
O goberno e os sindicatos convertéronse no maior obstáculo para a xeración de emprego.
Como axudar a xerar emprego:
1. Baixando impostos (IVE, Sociedades)
2. Baixando cotizacións (sobre todo ás pemes) e flexibilizando o mercado laboral (Non é o mesmo unha grande empresa que unha microempresa)
3. Incentivos fiscais para emprendedores
4. Obrigar aos bancos e caixas a que concedan créditos (é abraiante a permisividade de Zapateiro cos bancos, así como as petroleiras e as enerxéticas).
De onde sacar o diñeiro:
1. Non vía subida de impostos (penaliza o consumo)
2. Non a conxelación de pensións e baixada de salario dos funcionarios (consumirán menos tamén).
3. Facer unha auditoría en profundidade do modelo de Estado. Dende as administracións a nivel nacional, de comunidades autónomas e locais.
3. Reducir a burocracia (para crear unha empresa é necesario ir ata a 10 sitios distintos),
4. Suprimir cargos públicos duplicados, control sobre subvencións, estudo individualizado das empresas públicas
Parafraseando a Stalin: "Un único parado é unha traxedia, catro millóns e medios é unha estatística".
En España hai case catro millóns setecentas mil traxedias e aquí non pasa nada. Utilízase a estatística como algo interpretable e frío. Unha arma arroxadiza máis.
De non facer nada, verase moi pronto unha gran conflictividade social
Amigos meus, a pólvora xa esta aquí, só falta a faísca
0 comentarios