O pacto dos vendidos

Unha bonita escenificación dun acordo que xa existía. O de sempre, de entrada NON pero de saída SI.
Os burócratas sindicais e políticos gañan e os traballadores perden e a involución social imponse ao progresismo.
A democracia é só o envoltorio estético dunha ditadura porque a triste realidade é que a política funciona en España de facto como un partido único.
A escenificación da gran farsa tivo lugar no momento planeado. Zapatero tíñao todo planificado e os sindicatos sabíano.
Zapatero quixo aparecer no último momento como o salvador do pacto facendo concesións en forma de decimais; 38,5, os sindicatos pola súa banda vendéronnos da forma máis vil e rastreira que se pode facer.
Ninguén parece decatarse que unha parte moi importante desta pantomima non só son os 67 anos senón o aumento ostensible do período de cómputo dos 15 aos 25 anos no cal o goberno oscilaba entre 20-25 dende o principio dando a entender que estaba disposto a negociar esa partida nese intervalo
O Goberno debe estar encantado coas "tragaderas"· dos sindicatos os cales aceptaron sen chiar os 25 anos e que supón a gran mingua nas pensións.E os bancos deben estar a fregar as mans cos futuros fondos de pensións privados que van a firmar.
O pobo calado e apretando no seu peito o maior retroceso en dereitos sociais da democracia española. Xa díxoo Juliane Assange: "A sociedade civil está morta".
Agora que rematou o teatro e xa ten caido o pano, e cando os comediantes cobrarán os seus emolumentos.Co que lles achegue o seu "amo", o Gordo poderá tomar as súas boas "ginebritas francesas" e o Flaco poderase apuntar a un par de cruceiros.
¿Que os xovenes de hoxe só terán mañan pensións de miseria? Pois que se fagan políticos, que sen moita preparación teñen a vida resolta.
Eu teño o palpito de que aqui non remata o conto.
O manual de instrucións «como saír da crise» que enviaron a ZP dende Bruxelas é un texto de moitos parágrafos. Creo que imos só polo Capitulo Primeiro. ¿ Recordades a xa case esquecida noticia de hai un par de anos sobre a xornada laboral de 45 horas semanais?
Temo que en datas próximas falaremos doutras interesantes aventuras deste «marabilloso» libro
1 comentario
Lopez -