¡¡¡Obama e Hu Jintao!!!! (Pasen e vexan)

Din os xornais e ás televisóns que Obama puxo firme o chinés polo asunto dos dereitos humanos.
Que Hu Jintao quedouse pasmado escoitando o Presidente e ao volver en sí, púxose a rezar " Eu , pecador confésome....." e declarando que a partir dese momento China seria o paraíso terreal.
¡ ¡ ¡ ¡ Velaquí o poder de convencemento do xefe supremo do mundo!!!!!!!
Eu, que confio tanto nestes dous coma nas predicións de Rappel, creo que todo e un "paripé"
Non creo que teñamos que esperar varias décadas para ver o parto destes dous amantes galantes.
O poder de ningún é desdeñable e a ningún lle interesa o conflito aberto polo momento. EUA sempre creu lícito usar a potencia militar para intervir mercados estranxeiros, ás veces sen escusas tan "elaboradas" como as de Bush Jr., abonda cun "polo ben común e os intereses de todos os cidadáns". Iso evidentemente esperta certa animadversión.
China pola súa banda foi máis sutil exercendo a represión só de portas para dentro e inundando os mercados mundiais con "todo a 100" e magníficas réplicas de todo aquilo que os occidentais nos morremos de “gustito” por comprar. Pero ata a data non vin nin un indicio de iniciativa por parte de ninguén, e menos destes dous, por ocuparse das inclemencias, desgracias e desventuras que azoutan a humanidade...más ben ao contrario.
Así que se estes señores tan “majetes” deciden facer bo caldo será porque a pesar de terse un medo mútuo xustificado, comparten intereses comúns, véxase o control económico mundial e por extensión o control humano, ao máis puro estilo Orweliano.
Avanzar en dereitos humanos?...non, obter dereitos sobre os humanos...
EUA non ten unha conciencia mais limpa respecto aos dereitos humanos que China, nin nós, nin Francia, nin Alemaña, nin Rusia, nin Xapón nin Bélxica (quizais salvanse Andorra ou Mónaco)...Todos temos os nosos Tiananmen sempre por un presunto ben maior. E aínda que asi non fose temos choupanas, cidadáns sen fogar, excluídos dos seus dereitos como persoas e como cidadáns..
Non soamente os chineses pensan que non é importante a cor do gato senón que cace ratos e que sexa para os dirixentes.
1 comentario
javier -
Saludos dende A Estrada