Blogia
Blog da Atalaia

BATASUNA, SORTU, BULDU, etc..........

BATASUNA, SORTU, BULDU, etc..........

Non se poden poñer portas ao campo.

Tarde ou cedo, estaran nas eleccións, para estas do 22/05  ou para as seguintes, pero este proceso é imparable porque os seus dirixentes xa aceptaron a súa derrota fronte ao marco xurídico que durante décadas dicían que había que cambiar para eles poder acomodarse nel.

E, como alguen dicia  na SER , se se pretende que os pistoleiros deixen as armas e fagan política, non podemos negárllelo porque son, precisamente, eles os que a pretendan facer.

As leis deben estar preparadas para evitar que ante calquera novo tipo de engano (como foi o caso de EHAK ou ANV) sexa imposible exercer unha acción xurídica que lles impida facer a política de ETA (e financiala) dende as institucións.

O feito de que non utilizasen homes de palla no actos de presentación   parece que é síntoma de que o camiño que tomaron é irreversible. PNV, PSOE, PP e IA, esas son as cuatros forzas que existen no País Vasco e o que o queira negar engánase; outra cousa é que todos han de xogar coas mesma baralla e ninguén poida gardarse ases na manga con forma de pistola; e iso creo que xa o entenderon ata os da IA.

O malo desta historia é que os mesmos que defendían a violencia cando crían que podía ser útil para os seus fins, agora din condenala pero non por motivos éticos senón porque agora pensan que é prexudicial para eses mesmos fins.

E difícil creer neles. Agora ben, fágase o milagre aínda que o faga o demo.

Se isto serve para rematar coa violencia dunha vez, benvido sexa. O que importa é a pacificación definitiva da sociedade vasca e para iso, antes ou despois, haberá que falar con xente á que non lle dariamos a man nin por educación.

Por outro lado, o odio infinito que mostran algunhas persoas, algunhas vítimas de ETA,alguns políticos,  .... será comprensible ( que o é)  pero tamen un pésimo conselleiro.

Con odio só se consegue máis odio.

0 comentarios