Blogia
Blog da Atalaia

ZP na China

ZP na China

Declaracions do noso Presidente do Goberno na China  o dia de hoxe ( 14/04/2011) :

 

" España es un trasatlantico poderoso, estar tranquilos"

 

O noso inefable presidente pasa coma un milsil   do futbol á nautica, da Champion League ao Titanic, dos brotes verdes ao deserto do paro, do Pacto das Civilizacións á intervencion militar e da economia do benestar ao salvese quen poida

Iso si, se tes diñeiro e/ou traballo ata faran  graza as súas ocorrencias pero para moitos esta historia hai tempo converteuse   nun drama.

Este home perdeu o rumbo. Se vén preparado non convence, pero cando improvisa é un monologo sacado de Club da Comedia. Quen o asesora, quen lle escribe estes monólogos, debería despedirselle xa ¡¡¡¡Transatlántico!!!! Que ocorrencia

Mesmo sendo un Zapatista pechado non se pode quitar da cabeza as alusións inmediatas a un barco que todo o mundo coñece. !!!!Coma se non existisen outras alegorías¡¡¡¡¡.

Se é unha improvisación demostra "o gran talento" do que se falou tanto non hai moitos anos.

Por certo, o poderoso trasatlántico  Titanic afundiuse un ¡¡¡¡ 14 de abril!!!!!

 


0 comentarios