Blogia
Blog da Atalaia

Goberno, sindicatos e clase politica

 

A) Goberno

 

Zapatero expuxo onte a súa memoria económica do ano.

Fíxoo como presidente do goberno ante o pobo, no parlamento?  NON

Fíxoo como un conselleiro delegado nunha sala ante os principais accionistas do país, rendendo contas ante os grandes accionistas dunha empresa, España S.A. ( Presidentes de bancos, caixas, electricas, constructoras, etc)
Os accionistas minoritarios, o pobo,  non fomos convocados a esa xunta anual ordinaria a pesar de representar o 95% do capital social.

 

B) Sindicatos

 

A pesar de que o goberno lles soltou outros 27 millóns de euros aos sindicatos en Xaneiro, oín e lido en prensa que aínda queda algún pardal que se cría que o Gordo e o Flaco, léase Méndez e Toxo, ían preparar unha semifolga a Zapatero. Realmente hai xente que ten menos alcance que unha escopeta de cortiza.

Os sindicatos constitúen, hoxe en día, uns quioscos burgueses disfrazados con traxes baratos (quitaron ata a pana e a flanela) subvencionados polo goberno, cuxa finalidade é a supervivencia do seu propio organigrama de poder. A verdade é que desapareceron con Marcelino Camacho e Nicolás Redondo

Coa precariedade  laboral ( contratos por meses, a media xornada, en practicas, etc. )  é necesario vivir tres vidas para conseguir 35 anos cotizados. Isto é unha xolda, e CCOO e UGT, os novos inimigos declarados dos traballadores.

C) Clase política


A nosa clase política  equiparou as súas pensións ao país veciño no ano 2006, asegurándose así mesmo unha pensión polo feito de estar en calquera das dúas cámaras (Congreso ou Senado ) durante un período mínimo de 7 anos (o resto dos españois teño que ter cotizados 25 anos, ata a data).

Segundo a nosa constitución todos somos iguais, temos os mesmos dereitos e deberes Porque no caso das pensións existen estas diferenzas abismais entre a clase política e o resto dos españois?, que ademais o goberno pretende acrecentar coa reforma laboral proposta. Vostedes imaxínanse un señor ou señora enriba dunha estada, limpando na hostalaría, ou "agachado" no campo cultivando con 67 anos?

Gustaríame que os nosos dirixentes mostrasen un pouco de respecto polo traballo de todas estas persoas que non traballan sentadas tras unha mesa de despacho.

 

D) Conclusion

Non esta de mais transcribir algo da  entrevista en Antena3 o pasado dia 10:

Pregunta de Gloria Lomana: " Como pode ser que Alemaña vaia tan ben e nós tan mal? "

A resposta non ten desperdicio, con esa astucia que caracteriza a ZP: "Porque eles están a facer reformas dende hai cinco anos".
Pero ben, porqué non as empezou el hai cinco anos, simplemente porque estaba na lúa, dicindo iso de que adiantamos a Italia, Francia e Alemaña, é dicir na utopía de sempre.

A crise tena o traballador, os políticos non teñen ningunha crise, seguen con todos os seus privilexios e luxos.

Logo fálanche do drama do paro e do drama dos pensionistas.

 O gracioso é que parecemos parvos porque o consentimos sen máis e non saímos á rúa a berrar á cara destes caraduras. 

É evidente que ser socialista non é o que era. Recorte de pensións, soldos, abaratamento do despedimento, supresión de subdsidios e subvencións, a metade da SER na COPE....

 

Ufff, que panorama

0 comentarios