ZP aforra: anula os 426 aos parados, privatiza un 30% da LAE, etc....
Lembro como si fora onte as palabras de Zapatero naquela noite de triunfo:
" NO OS FALLARE" " NO OS FALLARE"
Pois ben despois da xuntanza do sábado pasado con 37 empresarios de España, hoxe mércores o Presidente do Goberno de España anunciou ( en dous minutos ) unha serie de reformas e medidas para incentivar a economía
Reformas coma: privatizacion do 49% de AENA, privatizacion do 30 % de LAE, anulacion dos 426 E a parados de longa duración, incentivos fiscais a PYMES, etc...
¿ Que vai pasar con todos esos dircusos de Pepe Blanco, Rubalcaba, Juaregui, Trinidad, e o propio Zapatero deciendo estos meses que o PP so queria privatizar?
Levo anos oindo que Esperanza Aguirre privatiza a Sanidade, e ata agora sei que ningun madrileño pagou un patacón porque o atenderan no medico ou no hospital ( asi din dous naturais de esta parroquia que viven e Madrid e por desgraza usan os servizos sanitarios mais do que o desexan)
Logo coas ventas , do que e de todos , o Goberno de España vai a ingresar uns 14.000 millons de euros, baixa os soldos dos funcionarios, os dos pensionistas, e agora suprime os 426 € que daba aos parados de longa , longuisima duracion. Parece ser que o Goberno esta por aforrar.
Sr. Zapatero, eu podo darlle algunha idéa para aforrar uns cuantos euriños
Vexamos:
- Comece por traer a todos exercitos que temos en países que nin nos van nin nos veñen, e cústannos moitisimo diñeiro.
- Deixe de dar subvencións a sindicatos ,artistas e partidos politicos, e que vivan do produto do seu traballo e non do noso.
- Os políticos que coticen como calquera español, é dicir sobre o 100% do percibido e non como o fan agora.
- Regule, organice e legalice a prostitución, por que seguirá estando aí, en lugares que non debe, sen pagar impostos e con dereito a asistencia médica que pagamos todos.
- Peche as fronteiras ao turismo sanitario, e non cubra o que eses turistas non teñen cuberto nos seus países.
- Reduza ministerios e organismos oficiais precindibles, e prescinda totalmente de gastos superfluos.
- Faga que os políticos reduzan drasticamente os seus salarios.
- Non volva perdoar débedas co noso diñeiro a Evo Morales e similares. Si non temos para Nós como vamos ter para os demais..
- Si eu deixo o meu traballo teño unha liquidacion e nada mais. ¿ Porque os Ex-Ministros, Ex-Secretarios de Estado, Ex-Presidentes do Goberno, Ex-Presidentes das Autonomias, Ex-Presidentes do Congreso, Ex-Presidentes dos Parlamentos Autonomicos, etc... teñen dereito a unha pension polo seu cargo ? ¿ PORQUE ?
- Anule as subvencions as relixions ( cada unha que viva co que dan os seus fieles)
- Faga que a Inspección Tributaria e a Laboral funcione
En fín, creo que isto sería moito máis efectivo, que meter man ao diñeiro a pensionistas, parados e xubilados da forma vil e covarde como fixo, pensando en que non teñen armas para defenderse, en especial os dous últimos.
Eu sei que moitos votantes de esquerda dira que non teño N.P.I.Desgraciadamente a moitos votantes de esquerda ( e tamen da dereita) escorréganlles os argumentos.
Na súas cabezas o mundo divídese en bos (eles) e malos (os demais), e de aí non pasan.
Non temos mais que ver como cualifican aos empresarios como os malos da situación, coma se estes fosen unha caste que nace, e esquecendo que empresario é todo aquel que pon o seu propio negocio, unha actividade aberta a todos, pero que require valentía.
E queixume ter que dicir que este pobo, que é o meu, é un pobo covarde que só aspira a que lle poñan a comida na boca, como os nenos, en lugar de saír a buscala, como os adultos.
Un pobo infantilizado, que pon no pedestal a marujas sen oficio nin beneficio que enchen os estudios de TV, e a futbolistas multimillonarios, mentres deixa que os seus científicos e enxeñeiros máis cualificados, imprescindibles para xerar economía produtiva, emigren a outros países máis receptivos coa súa valía.
Que confunde a igualdade de oportunidades (desexable) co todos iguais (desincentivante).
Que vota nas eleccións co mesmo criterio co que militan nun club de fútbol, é dicir, ningún.
Temos o que nos merecemos, e a hostia vai ser de abrigo.
Esperemos polo menos que nos sirva de lección, e dunha maldita vez maduremos como pobo.
Boas tardes e boa sorte
0 comentarios