Blogia
Blog da Atalaia

"Se te portas ben comigo, eu portareime ben contigo"

"Se te portas ben comigo,  eu portareime ben contigo"

Posiblemente  a alguén do Goberno algunha vez  passouselle pola cabeza  que para profundar na  política de reducir gastos sería adeucado que as reunións e audiencias dos ministros  e altos cargos , cando viaxan por España,    poderían ser a cabo ao aire libre e se chovese  poderían realizarse  nas gasolineiras, que asi aprovéitase o tempo mentres se enche.

¿Que malas intencións teñen eses periodicos que ven algo estraño en que Dn.  Jose Blanco reciba a un  empresario no seu coche oficial na gasolineira de Guitiriz?  ¿Como pode ser algo  que chame a atención si  , na miña opinión, o que  se pretende é aforrar e ser máis eficiente ?

¡¡¡¡¡¡¡Eu non vexo mais que  vantaxes!!!!!!!

1. Aforro para o Estado,  á vez que enche combustible atende os deberes do cargo

2. Aforro para o empresario  que non  ten que desprazarse a Madrid economizando  tempo para atender a súa empresa e evitando o custo dos desprazamentos, hoteis, restaurantes, etc...

 Se eu fose Dn. Jose Blanco tería  unha secretaria que  coordinase as miñas audiencias e reunións con empresarios cada vez que saíse de viaxe por España.¡¡¡¡¡¡¡ Mira que non hai gasolineiras para quedar!!!!!!!!!

E agora saen os listillos e aproveitados  e inventan tramas e conspiracións para prexudicar a boa imaxe dun tan importante servidor do estado.

Señores, un pouco de por favor

0 comentarios