Blogia
Blog da Atalaia

Euskadi Ta Askatasuna 20/10/2011

Euskadi Ta Askatasuna  20/10/2011

 

 

 

Benvido sexa que deixen de matar. Eu estou moi contento e esperanzado por esta noticia.

Con todo o comunicado de ETA di algo máis que iso, di varias cousas mais :

"Estamos ante a oportunidade histórica para dar unha solución xusta e democrática ao secular conflito político"

A solución xusta témola desde as primeiras eleccións democráticas neste país. Aquí non hai mais conflito que o que vostedes seguen mantendo dende a chegada dá democracia a este país.

"O recoñecemento de Euskal Herria e o respecto á vontade popular deben prevalecer sobre a imposición" ·" É o desexo da maioría da cidadanía vasca"


A súa  Euskal Herria , que para E.T.A. é Bizkaia, Guipuzkoa, Araba, Lapurdi, Nafarroa Garaia, Nafarroa Beherea, e Zuberoa, pertence dende hai séculos a estados distintos, Francia e España. Eu recoñézolles  o dereito a  defender a súa idea de Euskal  Herria, pero sempre dentro das normas do xogo político..

O que sexa o desexo da maioría vasca iso, iso sacáronllo vostedes da súa imaxinación. O ultímalas eleccións a suma dos votos dos partidos non-nacionalistas foron mais numerosos que os dos partidos nacionalistas. Daquela iso de que é o desexo da maioría vasca, de momento nada de nada

"A loita dos longos anos creou esta oportunidade. Non foi un camiño fácil. A crueza da loita levouse a moitas compañeiras e compañeiros para sempre. Outros están a sufrir cárcere ou o exilio. Para eles e elas o noso recoñecemento e máis sentida homenaxe"

Non señores , os longos anos de morte, feridos e secuestrados non crearon esta oportunidade. Vostedes déixano porque xa non poden mais, porque están vencidos,  porque cada día teñen menos membros e porque a Policía, a Garda Civil e o C.N.I téñenlles localizados, téñenlles infiltrados.

Non foi un camiño fácil, non a foi. Neste período de 43 anos de terror vostedes asasinaron a case 900 cidadáns, feriron a case 3.000 e secuestraron de case 100. Non foi fácil, teñen razón.

A crueza da loita puxérona vostedes, o Estado só  protexeu aos seus cidadáns; detivo a delincuentes que é o que son vostedes. Os que están no cárcere  foron condenados por tribunais de xustiza  en xuízos públicos e con probas. Vostedes son o que condenaron  á morte a cidadáns polo simple feito de non pensar como vostedes.

O exilio hai moitos anos que non existe neste país. Non temos exiliados porque  España  é un estado de dereito e a ninguén se lle condena por defender as súas ideas

Eu non teño ningún recoñecemento nin homenaxe para os terroristas mortos. Se o teño para aqueles cidadáns que por realizar o seu traballo ou simplemente por pasar por alí nese momento foron victimas de bombas ou tiros na nuca.

Din vostedes que con este comunicado gañamos todos. Nin se lles pase pola imaxinación que estou conforme con iso.

Non señores, non. Gañamos nós.

Vostedes xa perderon hai moito tempo

A pesar de todo alégrome moitísimo que por mor deste comunicado os cidadáns deste país deixen de mirar debaixo dos seus coches, saian da súa casa a pasear sen escoltas e fagan o que teñen que facer: a súa vida normal que con iso teñen bastante.

Con todo non esperen que lles das grazas por deixar de asasinar. Faltaría mais.

Benvido sexa o comunicado. Espero os seguintes pasos.

 


0 comentarios