Blogia
Blog da Atalaia

O NOVO GOBERNO

O NOVO GOBERNO

De Guindos , Gallardón e Fernández gaban o feito en Economía, Xustiza e Interior".

No confundamos loanzas con señorío. Estas persoas teñen unha categoría impresionante así como unha traxectoria incualificable, incluído o paso por Lheman Brothers de De Guindos ao que por certo deixou con superavit a pesar do desastre que montaron os americanos e do que fué totalmente alleo, categoría que tivesen perdido de ter empezado desprezando o executivo anterior.

Prefiren pasar paxina e empezar a traballar, cousa moi común entre as persoas válidas e competentes, a diferenza do que adoitan facer os que non aproveitan nin para tacos de escopeta, que como non saben que facer  dedícanse a botar merda sobre o seu antecesor.

E isto non quita que agora cando se encontren co percal, teñan que informar os españois da crua realidade das contas españolas, contas que ao parecer son de escándalo.

É exemplar o respecto e as boas formas que se mantiveron neste traspaso de poderes. A gravidade da situación finalmente impúxose por sobre a parvada da pelexa política. Os cidadáns agradecerano.

Agora touca que Rajoy e a súa xente fagan algo útil para sacar a España da tendencia ao afundimento na que está... E sinceramente non vexo claro como o poderán facer...

Deséxolles o mellor, vainos a vida niso.

0 comentarios