Blogia
Blog da Atalaia

A acumulación de problemas laborais, de saúde e familiares (conxunción planetaria, como diría Dna. Leire Pajin)  tivo silente este blog.

Iso non quere dicir, nin moito menos, que non houbo motivo para escribir e expresar as miñas reflexións.

Motivo hai e moito.

Empezarei pola educación e mais concretamente pola Formación Profesional.

"A educación superior gratuíta é socialmente inxusta" dixo o Catedrático de Socioloxía Don Mariano Fernández Enguita. 

Iso é insustentable nun discurso lóxico dunha mente ben ponderada. O inxusto será en todo caso facer inaccesible economicamente o ensino superior a amplas capas da sociedade.

Esta crise esta cambiando  a nosa sociedade moito mais que o que parece. Nós chegamos até aqui por varias causas. Un din que son economicas, outros que os politicos son uns ineptos, e os menos que é unha crisi de valores ( esforzo, honradez, fidelidade, etc...) . Os valores e a educacion vai mais da man que o que aparentan.

O problema é noso, a picaresca, o vangloriarse de conseguir cousas sen esforzo.

A educación empeza en casa. Cando se teñen fillos uno debe ser consciente que inviste parte da súa liberdade en criar, educar a unha persoa. e é aí onde a maioría da nosa sociedade fallou. Se non tes a alguén que che axude, que che dirixa, asesore e protéxache é difícil que saias adiante.

Deixando á beira isto, o que non esta ocorrendo agora mesmo é horrible, e non falo de ter que pagar 360 euros por unha matricula, se non o ter 40 alumnos por aula. A educación debería enfocar todos os seus esforzos nunha educación de calidade até os 16. Aulas de 15 alumnos con 1 profesor e un asistente. Chegados aos 16 deberíase estudar o caso de cada alumno por separado e enfocar a educación do neno cara á universidade ou unha FP. A universidade debe ser mais dura e matricúlalas mais caras sobre todo aos repetidores, pero sempre apoiándose nunha cobertura maior en bolsas.

¿Utópico?   Así é o modelo en Alemaña ou Finlandia.

 

O que é indignante son todos estes recortes tendo moitas alternativas viables.

0 comentarios