Crise

Probouse de todo: cambiar constitucións, "regalar" uns cantos miles de millons de euros a bancos e caixas, baixar soldos a funcionarios e pensións, modificar cálculo xubilacíons, reducir orzamentos en educación e sanidade , din que reducir asesores e coches oficiais, enchufar a 5 millons de traballadores na empresa mais grande de España, etc....e nada de nada. Non levantamos cabeza
Os grandes problemas son:
- O noso Goberno de España que non ten NPI de economía ( Solbes que sabia algo disto marchou escopeteado cando veu vir o asunto. A nosa paisana Salgado, recomendada de Alfredo que meteuse a Ministra de Economía por eso de " si me lo pide, lo dejo todo" esta farta e desexando que chegue o 20-N para volver a sua tranquila vida na privada.
- O modo de vida, que é tendente sempre a gastar máis do que se gaña. O consumo desaforado e estúpido leva a isto.
Á parte, unha repartición inxusta do diñeiro, onde o que tería que gañar 1000 gana 10000000 e o que tería que gañar 50 gana 15.
Ou se cambian as regras do xogo, ou se vai todo ao "garete", tanto os de arriba coma os de abaixo.
Estamos a asistir ao final deste sistema económico ficticio e virtual. A economía das últimas décadas baseouse en valores ficticios (accións, bonos, letras, CDS, ata o propio diñeiro) e agora está a caer a fachada de cartón que nos mantivo enganados. Detrás non hai nada.
Que teña unha horta e unha casa cun pozo de auga que o coide. Dentro de pouco sobrevivirán os que poidan ser autosuficientes
0 comentarios