400 , D.E.P.

Como xa saberás, o presidente de goberno, en campaña electoral, prometeu devolver 400 euros a todolos españoliños, xa que a economía española ía estupendamente e xa estabamos superando en crecemento económico ata a Francia. Polo tanto, lonxe de prever a que se lle viña enriba, empezou a malgastar diñeiro e a baleirar alegremente as arcas do Estado.
A "pequena desaceleración da economía "aos poucos días de gañar as eleccións converteuse nunha grave crise que intentou paliar por medio de plans de malgaste económico, o que supuxo que a día de hoxe temos unha das peores conxunturas económicas de toda Europa, cun déficit altísimo e o Estado non ten un euro, nin para aboar as devolucións da renda do ano pasado (aínda hai moitas que non se ingresaron).
En definitiva, de súpeto decatáronse que tiñan que recadar o que habían desperdiciado e decidiron subir outra vez os impostos da gasolina, tabaco, o IVA,, etc. e por suposto... as retencións en nómina dos que sempre temos que acabar pagando todo: OS TRABALLADORES.
Agora, nas móminas de xaneiro, os 400 euros suprimíronos practicamente a todoslos traballadores e rebaixaron nuns 3000 euros a escala a partir da que hai obriga de reter. Polo tanto, todas porcentaxes de retención subiron entre 1 e 3 puntos. A maioria cobraremos menos que o ano pasado, pensionistas incluidos.
Animo, a comer talante, que e moi dixestivo
0 comentarios