Blogia
Blog da Atalaia

MOTIVOS PARA CREER???

MOTIVOS PARA CREER???

Eu no teño motivos para creer.

Que se pode esperar dun goberno que negou a crise constantemente e no canto de tomar medidas preventivas esperou a que o caos económico goberne e esperou ata o 13 de agosto presentar un paquete de medidas para paliar a crise.Isto chegou 8 meses tarde, na mesma data do ano pasado países de Europa foron previsiores e tomaron medidas 

Eu sosteño que as ideoloxias non solucionan crises economicas, faio unha boa xestion dos recursos publicos. O de esquerdas e dereitas son etiquetas tan falsas como principios activos cos que se publicitan algúns alimentos. Haberá moitos que os consuman por iso pero claro con tal número de bobos así nos vai. O PSOE divide ás clases medias e traballadores por territorios e atiza o odio duns contra outros recordando dereitos feudais.

Momentos de dificultades economicas hainos sempre con todos os gobernos. O que nunca tivemos é un presidente produto do márketing e sen coñecemento algún de economía. Mentres os curritos e os fillos dos curritos partímosnos o brazo formándonos e rendendo nos nosos traballos para chegar a gañar mil euros, o Presidente conseguiu chegar á Moncloa cun currículum tan brillante que se reduce a 2 anos de profesor auxiliar e 15 anos de deputado mudo.

PRINCIPAIS MOTIVOS PARA NON CREER:

 

IPC: 2,2 Agosto 2007- 5,3 Agosto 2008

PIB: 4,00 Agosto 2007 - 1,8 Agosto 2008

PARO: 2.028.300 en Agosto 2007 - 2.530.000 Agosto 2008

EURIBOR: 4,56 Agosto 2007-5,39 Agosto 2008

INDICE CONFIANZA CONSUMIDOR: 86,5 Agosto 2007- 51,4 Agsoto 2008

PREZO VIVENDA M2: 2.054 Agosto 2007- 2.095 Agosto 2008

AFILIACION A S.S.: 19.302.700 Agosto 2007 - 19.148.800 Agosto 2008

EFECTOS COMERCIAIS IMPAGADOS: 3,1 Agosto 2007 - 4,8 Agosto 2008


E despois de todo esto di o  Sr. Vicesecretario Xeral do PSOE que os españois vivimos mellor que nunca, afirmacion defendida pola Sra. Vicepresidenta 1ª quen dixo no Congreso dos Deputados que vivimos mellor que fai 30 anos. Manipulando e a numero un tamen

A  Sra. Vicepresidenta 1ª poderia decir que tamen vivimos mellor que no Neolitico e asi todos contentos.

Esperpéntica é a palabra que mellor define a actuación económica do goberno Zapatero: negación da crise, oferta de bombillas, zapatillas para buscar pisos, o dos 400 euros, o coello de Nadal, ... Se Valle-Inclán levantase a cabeza!!!.

0 comentarios