Blogia
Blog da Atalaia

Crisis? Cal crisis? Aqui medidas sociais

Crisis? Cal crisis? Aqui medidas sociais

Isto son medidas sociais:  as axudas para promocionar o autoemprego por parte do INEM xa estan suspendidas, en Galicia ( ou Galiza ou Gallaecia) a Lei de Dependencia sen un euro  e non estan valoradas nin a cuarta parte dos dependentes. No  Freixo non coñezo nin sei de ninguen que cobre algo pola xa antiga Lei de Dependencia.

 

A que estan  a liar Zapatero ,Solbes e a afillada de Chaves ,a superministra de igualmeda isto que o outro. Estos sin que son uns cracks, pidenos confianza e  optimismo, como proba argumentan  que estan asesorados por un comite de supersabios ( alguen conta por ahi que este superequipo esta dirixido pola bruxa Lola, que con un par de velas esto queda arranxado)

 

Que a inflación suba é un mal dato para todos pero especialmente para as rendas máis baixas. Si, esas que o Presidente do Goberno di defender. Si, esas que pensamos que votan, sobre todo, ao PSOE. Si, esas que se están indo ao paro en masa. Si, esas que non se benefician da medida estrela de ZP, os 400 euros Si, esas que aínda se cren que a dereita beneficia aos ricos e a esquerda a eles. O día que esperten e déanse conta que a ideoloxía non soluciona os problemas económicos e si a boa xestión dos recursos públicos, ese día que trema a esquerda porque se lles acabou o choio.

 A política propaganda revestida de aires posmodernos vólvese contra quen a practica. A realidade acaba sendo túzara e imponse por moito esforzo que se poña en negala ou acomodala aos caprichos da linguaxe. Pois eu digo que  existe o mundo extralingüístico, e a "rebelión do referente" pode  e debe esixir responsabilidades políticas.

 

Os gobernos de ZP buscaron de continuo o efecto simbólico e con certo infantilismo quixeron entrar no "guinness" da política (que se un goberno paritario, que se a primeira muller en defensa, que se unha nena recentemente destetada do partido de ministra...). Debe estar xa preparada a maquinaria de propaganda socialista para facer fronte a estes outros "records" que, por moito que se quixo chamalos doutro xeito, xa están aquí:  Inflación, prezos disparados, paro, . Que triste  o "retorno ao real”

A proba de que temos unha clase política profesional incompetente e parásita son as medidas que nos propuxo tomar o ministro. Non se se conseguiran os obxectivos que pretenden, eu colaborarei para que o consigan pero son medidas de catástrofe. Quero dicir que son as medidas típicas a tomar cando sucede algo como o afundimento de dúas centrais xuntas, un boicot petrolífero, un terremoto de medidas descomunais, en fin un feito fortuíto catastrófico descomunal e imposible de prever. Demostra que os nosos políticos gobernantes conducen o pais sin mirar para diante nin  tampouco polos retrovisores. Non saben conducir, van a moita velocidade e ademais distráense pondo música e falando coas suas “secretarias”. O coche, combustible e dietas a conta  dos obreiros.

Todos temos no mundo subidas de petróleo e de alimentos, pero non a todos aféctanos igual. E en países nos que si afecta tómanse medidas (EEUU por exemplo). Aquí: record mundial de inflación e paro.
España co 10,7% de paro é o país europeo con máis paro seguido de Eslovaquia (10,5%). á beira contrario, Dinamarcal (2,6%) e Holanda (2,8%). Dos 27 países da CEE en 21 baixou o paro nos últimos 12 meses, en seis subiu e nun mantívose estable. Os maiores descensos tiveron lugar en Polonia (do 9,5% ao 7,3%) e Bulgaria (do 7,0% ao 5,7%) mentres que as subidas máis acusadas rexistráronse en España (do 8,1% ao 10,7%) e Irlanda (do 4,5% ao 5,7%).

 

Por certo, caendo a que cae , alguen sabe onde estan U.XE.TE e  CE.CE.O.O.?  Ou de vacacions ou con eses longos formularios de solicitudes de subvencions que e do que viven e cobran 

¡¡¡¡¡¡Que vergoña de sindicatos!!!

 

Boas noites e boa sorte

1 comentario

Mercedes -

Canta razon tres, esperanos tempos dificiles. Animo