Blogia
Blog da Atalaia

LUNS 10: OS INVISIBLES

LUNS 10:  OS INVISIBLES

Pasaron  os debátes, remata a campaña o venres  e o domingo habera eleccions.


Que vai pasar despois?

Cando sexan elixidos, volveranse, como todolos anteriores, invisibles.


Hoxe en día no Freixo , e en toda Galicia , os cidadáns saben que estamos en campaña electortal  porque por fin están vendo aos políticos de cerca . E  alguns aproveitan esta circunstancia para exercer a dignidade e dicirlles na cara o que senten e que por 400 euros non darán o voto, que necesitarian  mil mais o mes para poder pagar  as compras en Camila ou Llorens, a subida da hipoteca, a do butano, a da luz o pienso das galiñas, a semente das patatas e outras tantas; que nin sequera se moverán ás urnas polas “Boas noites e boa sorte” do candidato Rodriguez ou pola “ nena dos seus soños”  do canditado Rajoy , ou “a forza en Madrid” do candidato Jorquera, o candidato mais descoñecido en Galicia , moitos pensan que se presenta o noso Vicepresi Quin

 

A xente sabe que estamos en campaña electoral  porque por estes días os políticos dan, déixanse ver, dan a man, son capaces de lavar os pés dun necesitado por un voto, e ata chorar, si, con bágoas que parecen verdadeiras, pola desolación que produce no pais a violencia de xenero . Así son os políticos.

 

É a dinámica das eleccións en España, en Galicia, ou en Outes ( excepto o noso Alcalde que ven polo Freixo todo o ano, con seus erros e acertos , alomenos dá a cara e deixase ver)


Podería dicirse que o pouco desenvolvemento que existe hoxe en día en Galicia logrouse en véspera de eleccións, o tempo en que os políticos déixanse ver. Cando os move en aparencia unha profunda vocación de servizo, cando parecese que están verdadeiramente preocupados polo pobo, por ese pobo que ignorarán unha vez consigan o seu escano , o seu lugar no parlamento, o seu status.

 

En época de eleccións ou nas vesperas de campañas ( que o o mesmo)  puxéronse moitas primeiras pedras e inauguracions:, da estrada, dun parque, dun hospital, dunha escola, dun barrio, dun porto, dunha lonxa e tantas e tantas. Verdadeiras abstraccións arquitectónicas, entelequias de negociantes disfrazados de políticos filántropos. E a xente, esta pobre xente, recibe de boa gana os sucedáneos cada catro anos, porque sabe que será o único que recibirá destes señores.

 

 Porque cando sexan deputados ou senadores converteranse, como todos os anteriores, en homes invisibles. Que non darán a man, nin se deixarán ver, nin chorarán por nada, nin cumprirán ese aluvion de promesas.


E o pobo continuará, como sempre, apertando no peito moitas pregarias non atendidas.

 

E si non e asi como digo, mil perdons

0 comentarios