Independenzas varias
A O.N.U. e a sua sentenza sobre a independenza de Kosovo.
Di o Alto Tribunal da O.N.U que a independenza de Kosovo esta mais que xustificada porque ese e o desexo do pobo kosovar.
Seguindo esta tesis poderiamos afirmar que os da Ribeira, ou os de Siavo, e porque non tamen os de Catasueiro e os de Braño ( por poñer exemplos) poderiamos independizarnos e crear xa non un Concello propio senon incluso un pais soberano. Non estaria mal, co noso DNI, pasaporte, himno e bandeira, exercito, Goberno , Parlamento etc....
Esto mesmo deberon pensar o chicos de Josep Lluis Carod Rovira ( "aqui y en la China" dixo na TVE) xa que tres horas depois de publicarse a sentenza ya estaban a decir que habia " xurisprudencia" para que a sua Catalunya sexa independente.
Como hai eleccions moi pronto, Convergencia dixo, coa boca casi pechada para non facer moito ruido, que a sentanza era xusta y con consecuencias.
O Molt Honorable President saleu, despois de falar con Zapatero ( Oye Jose Luis, haber como arreglamos esto, que no hay Mundial hasta dentro de cuatro años, ¿ en que vamos a entretener a todos estos?) decindo que Kosovo e Catalunya non son comparables.
Pois ben eu, que non teño que gañar eleccions nin teño que tragar coas instruccions de partido que si non despois no os poñen nas listas, digo o seguinte:
Os pobos intelixentes que queren ser algo no mundo, únense, aí está Alemaña que, superando infinidade de dificultades de toda índole, non parou ata reunificarse, un país, polo demais cuxa unificación contaba con pouco máis dun século, hoxe dirixe Europa e a súa voz é oida e tida en conta en todos os círculos desde onde se dirixe o mundo.
Por contra, aí están, o que foi Yugoeslavia e seu caterva de nacións de opereta, dirixidas e colonizadas por uns e por outros, as repúbloicas ex-soviéticas, afundidas na miseria, a corrupción e as guerras tribais na mesma Europa.
Si ese é o destino que queremos para o que unha vez foi España, pois adiante rapaces, que por Zapatero non vai quedar.
Eu manteño que o nacionalismo curase viaxando e o carlismo lendo. Así que saíde da vosa vila ou parroquia, lede un pouco.
Convivir con xentes diferentes, aprendede outras linguas e vereis como pásavos a enfermidade
Terei razon ou non. Quen sabe
0 comentarios